Galiza, Euskal Herria e os Països Cataláns collen folgos para facer fronte á LOMCE e defenden para o ensino un modelo de inmersión onde o castelán, lonxe de ser a lingua vehicular, se estude como máis unha materia.
- "El gallego es una lengua preciosa pero se tiene que estudiar como eso, como una lengua preciosa"
- "A min danme medo os nenos que soamente saben falar en galego; que lles ensinas, as partes do corpo en galego?"
- "Tiene que tener más espacio el español; el gallego enriquece, pero en su justa medida"
Organizacións que defenden a lingua nestes tres territorios cóntannos en que consiste o 'bilingüismo' que quere o PP, que vén de apoiar a emenda de UPyD á Lei orgánica de mellora da calidade do ensino (LOMCE) para que o español sexa a lingua vehicular nas aulas de todo o Estado.
Como vai afectar a LOMCE e esa emenda ao ensino regrado das linguas propias? Como funcionan as brassolas implantadas en Catalunya Nord? Que manobra fixo o PP nas Illes Balears para impor un decreto que deixa para o catalán unicamente o 33% das horas lectivas? Colectivos da Galiza, Euskal Herria, Catalunya, Catalunya Nord e as Balears cóntannos todo isto e explican cal é o modelo lingüístico que defenden para os seus territorios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario