"Aínda teñen o descaro de falar de gratuidade solidaria e de tarifas progresivas", reprochou Jorquera, que ve nestas retalladas unha mostra de como o PP "preserva os servizos públicos" e aplica o "crecemento solidario". Na sesión de control máis sosegada dos últimos tempos pola banda opositora a dose de tensión chegou do escano presidencial quen. Tras acudir ao lugar común de asegurar que "se lles axuda ás familias que teñen dificultades" para mercar libros de texto pero "non ás familias de deputadas e deputados", Feijóo mantén que "o 70%" dos estudantes "teñen axudas" para adquirir os manuais", contradicindo así as súas propias contas públicas.
Feijóo mantén que as axudas para libros chegan ao 70% do alumnado, contradicindo así o seu proxecto orzamentarioO orzamento da Consellería de Educación para o vindeiro exercicio económico estima que as achegas para a compra de libros "beneficiarán" uns 136.000 estudantes, 27.000 menos que en 2013, o que implica que uns 86.000 alumnos e alumnas de Primaria, ESO e Educación Especial non recibirán achega ningunha. Sen saír das propias cifras oficiais, o departamento que dirixe Jesús Vázquez asegura que as súas axudas chegarán ao 64% do alumnado. Esta taxa de cobertura é, polo tanto, menor á afirmada polo presidente este ano pero tamén o anterior, cando insistía no devandito 70% cando os Orzamentos indicaban o 65%.
Ningún comentario:
Publicar un comentario