O secretario xeral do Grupo Socialista no
Congreso, Eduardo Madina, asegurou que a Lei Orgánica de Mellora da
Calidade Educativa (LOMCE) "nace morta" e está deseñada a "imaxe e
semellanza" do ministro José Ignacio Wert e da Conferencia Episcopal,
malia as "diatribas" sobre a materia de Relixión.
Madina, que ofreceu unha rolda de prensa en Bilbao xunto a
deputados e senadores vascos, ten subliñado que a nova lei de Educación
"nace morta" porque existe un acordo entre todos os grupos do Congreso,
salvo o PP, para que "en todos os escenarios posibles, menos no da
maioría absoluta do PP na próxima lexislatura, será derrogada".O deputado socialista denunciou que o proxecto presentado polo ministro Wert supón "un ataque directo" á igualdade de oportunidades e as competencias autonómicas en materia de educación, ademais de "consagrar un paso atrás de décadas" no sistema educativo.
Madina advertiu de que "é un sistema educativo a imaxe e semellanza do señor Wert e das súas influencias". Segundo indicou, "tamén, entre outros, da Conferencia Episcopal", malia as últimas "diatribas" co ministro, ao solicitar os bispos que se mellore a súa redacción porque vulnera os acordos coa Santa Sé no relativo á impartición da materia de Relixión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario