venres, 25 de outubro de 2013

Todo a punto para celebrar o Samaín no colexio de Agolada

Falta menos dunha semana para a noite máis mística do ano, pero os alumnos do colexio de Agolada xa teñen todo preparado para celebrar a festividade celta do Samaín. A entrada da biblioteca está decorada con morcegos e acolle unha completa exposición de libros de medo. Profesores e alumnos, ademais, afanáronse en preparar os traballos das familias sobre a decoración de mazarocas de millo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario