A Mesa pola Normalización Lingüística foi recoñecida cunha homenaxe en Láncara polo seu traballo e compromiso a prol do país desde 1986. Recibiu o premio 'Ramón Piñeiro Facer País' que organiza a Asociación Cultural "Val de Láncara".
A XII edición do premio Ramón Piñeiro 'Facer País' foi para a Mesa pola Normalización Lingüística. Un galardón impulsado pola Asociación Cultural Val de Láncara e que, ao longo destes anos, foi labrándose un merecido respecto. O obxectivo do premio é recoñecer aquelas persoas e institucións cuxo traballo contribúe, precisamente, a facer país. E A Mesa foi a galardoada neste 2013, uníndose así a unha lista na que figuran, entre outros, Avelino Pousa Antelo, Mini e Mero, Xosé Manuel Beiras ou Agustín Fernández Paz.O acto decorreu esta fin de semana en Póboa de San Xiao, cun programa completo no que se incluían intervencións varias, actuacións, louvanzas... e en todas elas un recoñecemento ao traballo que vén desenvolvendo A Mesa.
A Mesa resultou elexida entre as 40 candidaturas formalizadas por diferentes entidades e asociacións de toda GalizaA agrupación Val de Láncara concedeu este galardón anual, que xa vai pola súa 12ª edición, á Mesa pola Normalización Lingüística pola súa condición de plataforma independente e plural e apartidaria comprometida, desde o ano 1986, coa promoción do idioma galego en todos os ámbitos da vida social da nosa terra.
A Mesa pola Normalización Lingüística resultou elixida entre as corenta candidaturas formalizadas por diferentes entidades e asociacións de toda Galiza que ostentaban a esta distinción, un recoñecemento ás persoas ou institucións que, pola súa traxectoria, se teñen distinguido na defensa de Galicia no eido cultural, artístico, histórico, político ou etnográfico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario