mércores, 9 de outubro de 2013

o PP empeora a LOMCE no seu trámite parlamentar no Congreso dos Deputados


 

Reafírmanse os aspectos máis controvertidos, non se solucionan os conflitos que están a provocar a movilización social e en algún aspectos inda se  retrocede máis.
No Congreso dos Deputados presentáronse 770 enmendas (11 á totalidade), das que só se aceptaron 42. A gran mayoría do PP e pactadas con UPyD. O 10 de outubro será probablemente aprobada polo pleno do Congreso e será remitida para o seu debate no Senado. Hai, cando menos, 10 aspectos no que está norma empeorou manifestamente en relación ao texto inicial.
1. Axentes privados na educación pública.
As probas de reválida poderán ser corrixidas tamén por profesores de centros privados. Lembrar que a función pública garante obxectividade e independencia de criterio. Os profesores de centros privados traballan a soldo de axentes privados.
2. Profesores sen oposición.
Permítese a contratación de profesores nativos para lingua estranxeiras á marxe dos mecanismos dos accesos á función pública.
3. Chan agasallado a empresas privadas?
A nova lei de administracións locais contempla que os concellos deben ceder chan para usos dotacionais. Agora a enmenda 754 ao artigo 116 da LOMCE engade que "as administracións educativas poderán convocar concursos públicos para a construción e xestión de centros concertados sobre chan público dotacional". Isto, que xa sucedía nalgunhas comunidades (Madrid) queda institucionalizado e consolidado.
4. Tratamento das linguas co - oficiais ao nivel que os idiomas estranxeiros. 
Acéptase a emenda 769 de UPyD á disposición adicional 38, onde se contempla que o castelán figure coma lingua vehicular do ensino en toda España.
Outra parte da emenda di que poden existir sistemas onde se impartan materias non lingüísticas, para introducir que estes modelos poidan estar tamén dispoñibles coma “modelos de inmersión en calquera lingua estranxeira”.
5. Blindaxe á escolarización por sexos.
Non se modifica nada ao respecto, inda que isto é revisable na UE xa que nun tratado establécese que non poden ser financiados con fondos públicos os centros escolares que exerzan a discriminación sexual.
6. Cualificacións aos directores polos resultados dos seus alumnos.
O director segue como un responsable de RRHH, o Consello Escolar segue sen funcións decisorias. Acéptase a emenda de UPyD do artígo 136 da LOMCE que permitiría renovar no seu cargo a un director tras una avaliación previa que teña en conta as avaliacións do alumnado nas probas externas.
Hai centros nos que a excelencia para un director é que logre que un rapaz dunha familia desestruturada vaia a clase, e iso non se pode medir cun resultado académico. Cada día se recuperan rapaces de situacións familiares desastrosas para incorporalos a un oficio nun PCPI e iso non se ve nos resultados académicos.
7. Educación en Valores, unha materia obrigatoria no obrigada.
A UE obriga a que o alumnado curse os contidos da materia de Valores Sociales e Éticos (antiga Educación para a Ciudadanía) pero a única enmenda introducida non o garante, senón que só contempla que os centros poidan ofertala.
8. Control dos contidos.
A LOMCE xa insistía en garantir máis control dos contidos comúns, a emenda 733 ao artigo 6 bis propón que se garanta que os títulos teñan validez no territorio nacional "coa fin de asegurar unha formación común", e o artigo xa o garantía. Insístese na centralización, cercenando as diferenzas e a pluralidade.
9. A educación, un servizo público?
Durante a negociación pelexouse por que o cidadá fora “suxeito de dereito á educación” e non  “beneficiario”; e que o sistema educativo fose “servizo público da educación” e non unha “prestación de servizos educativo”. Son matices básicos porque destas formulación se derivarán decisións posteriores. As emendas do PP volven para atrás novamente. A educación non é exactamente o mesmo que o servizo de limpeza, por exemplo.
10. O profesor como autoridade pública.
Unha emenda proposta por UPyD contempla que se inclúa ao profesorado como autoridade pública. Esta medida tende a “xudializar” os problemas de convivencia (claramente sobredimensionados) nas aulas resolvéndoos por decreto sen atallar o problema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario