A Confederación de Anpas Galegas levou a cabo a “I Xornada de Anpas Galegas no rural”, un espazo para o debate e reflexión sobre a educación no rural galego. País, colaboración, cultura, identidade ou participación son as palabras coas que se definen nesta primeira xornada
O 19 de novembro a Confederación de Anpas Galegas realizou no Courel a “I Xornada de Anpas Galegas no rural. O ensino, integrador do desenvolvemento”,
un encontro que serviu de plataforma para o debate e o intercambio de
experiencias e a procura de solucións para os problemas actuais da
sociedade no rural galego, alimentando a visión desde a escola e a
educación.
Durante a xornada contaron con doce palestras que abarcaron temáticas diversas, desde a explicación do que eran as escolas de ferrado até información sobre montes veciñais e economía de colaboración e ecoloxía, así como as experiencias persoais de xente que vive e/ou traballa no rural.
Neste primeiro encontro estiveron presentes os catro grupos políticos representados no Parlamento Galego. Desde a Confederación de Anpas Galegas agradecen “que estiveran os catro, aínda que é certo que o representante do PP non fixo propostas”, non obstante, “os outros tres representantes si presentaron os seus diagnósticos e as súas propostas que unifican a afirmación da existencia dun problema e a necesidade de tratalo desde unha perspectiva de País”.
Unha das propostas principais que callou nesta I Xornada foi “a demanda xeneralizada dunha Lei Educativa Galega que inclúa a nosa propia realidade para ser estudada e valorada”. Neste senso, a Confederación de Anpas Galegas sustenta a necesidade de trazar políticas concibidas desde unha perspectiva interna e tendo en conta a realidade do rural galego porque “Galiza é o rural, mesmo as cidades son o rural, e se estamos desde hai décadas esnaquizando esa certeza é porque non estamos a ver a nosa realidade desde unha perspectiva interna, senón que estamos a aceptar como bos outros xeitos de vida e de organización que non se corresponden coa nosa cultura, coa nosa historia, coa nosa percepción da vida e do traballo”. Amais, consideran necesario adaptar o rural “ás novas realidades económicas e sociais”, e defenden “que termos no rural unha vida actualizada, moderna e profundamente galega”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario