O pleno aproba a moción da aplicación do Plan de Normalización da Lingua Galega.
O pleno do Concello da Coruña aprobou aplicar
o Plan de normalización da lingua galega, unha decisión que desde A
Mesa se valora positivamente e desexando que faga da cidade “un exemplo
de normalización do galego”. Marea Atlántica, PSOE e BNG votaron a favor
e só o PP se amosou contrario a esta proposta.
A responsábel da entidade pola normalización na Coruña, Celia Armas, mostrou a súa esperanza en “que se abra por fin unha nova etapa para o galego na Coruña, a cidade das irmandades na que naceu a reivindicación da lingua de Galiza”. Sinalou ademais a disposición da Mesa na Coruña a colaborar en todo canto for preciso para este cambio de rumo a favor do galego, e parabenizou os grupos apoiantes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario