A viceportavoz nacionalista, Olalla Rodil, reuniuse no Parlamento cunha delegación da Plataforma galega en defensa do ensino público
A viceportavoz nacionalista, Olalla Rodil, e unha representación da PGDEP (Plataforma galega en defensa do ensino público)
mantiveron unha xuntanza na que a Lomce e as reválidas foron dúas das
cuestións principais. A deputada nacionalista afirmou a “disposición
absoluta” do BNG para sumar esforzos e traballar de cara a lograr a
derrogación destas probas. Neste sentido, apuntou, na xuntanza acordouse
que o BNG instaría Parlamento e Goberno a mover ficha a raíz do anuncio
feito por Mariano Rajoy na sesión de investifura e no que dixo que as
reválidas ficaban sen efectos académicos.
“Debemos traballar para que o goberno galego adquira o compromiso para intentar resolver a situación canto antes”, manifestou Rodil, que incidiu na situación de “indefensión” na que ficaba o alumnado que na actualidade estuda segundo de bacharelato, que se “atopa nun limbo”, pois “non teñen nin idea” de cal vai ser a proba que os examine para acceder universidade. “Non saben cal vai ser a nota de corte ou como vai ser a avaliación”.
Desde a Plataforma protagonizaron nestas semanas diferentes iniciativas e accións para pedir a derrogación da Lomce e as reválidas. Anxo Louzao, da CIG-Ensino e da PGEDEP, tense manifestado en termos moi crítico coa Consellaría de Educación, á que ten cualificado como unha administración “submisa” aos mandatos do Ministerio de Educación. A Plataforma considera que as reválidas “supoñen un prexuízo para o alumnado e atenta contra a igualdade de oportunidades porque os máis afectados serán os alumnos e alumnas das clases populares, que terán máis dificultades para acceder a niveis superiores no sistema educativo”.
Libre elección
Rodil tamén defendeu que deben ser garantidas as materias de libre elección para que na escolla das mesmas “ningún ou ningunha estudante se vexa obrigado a elixir relixión”, e explicou que nalgúns centros hai alumnos que deben optar por esta materia para completar as horas preceptivas. Criticou que a aplicación da LOMCE diante do decreto do plurilinguismo repercute moi negativamente nas horas impartidas en lingua galega polo que reclamou a derrogación do Decreto.
A parlamentaria e a Plataforma Galega en defensa do Ensino Público defenderon “a gratuidade do ensino público, dos libros de texto, comedores escolares e transporte escolar”

Ningún comentario:
Publicar un comentario