A Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN), da que fai parte A Mesa,
fai esta fin de semana a súa asemblea xeral , unha cita na que se
reunirán máis dun centenar de organizacións que loitan para promover,
protexer e normalizar as linguas minorizadas. A Mesa estará representada
polo seu presidente, Marcos Maceira, e polo secretario de Relacións Internacionais, Paulo Filgueiras.
A través acción internacional da Mesa e da súa participación en ELEN, a
entidade en defensa do galego presentou recentemente un informe sobre a
situación do galego no Parlamento Europeo e no Comité de Dereitos
Humanos das Nacións Unidas.
No encontro analizaranse e debateranse as accións que se fan nos respectivos países e así elaborarán estratexias para o desenvolvemento pleno das linguas non oficias na UE, espazo no que na actualidade 50 millóns de cidadáns europeos posúen unha lingua propia minorizada.
Os participantes na Asemblea Xeral de ELEN serán recibidos esta sexta feira día 4, ás 17h no Palau da Generalitat polo Presidente do Goberno catalán Carles Puigdemont. A presidenta do Parlamento de Cataluña, Carme Forcadell, presidirá este sábado a apertura da reunión e acollerá os participantes presentes nun encontro que será encerrado polo Conselleiro de asuntos exteriores, Raúl Romeva. A Asemblea será coordinada por Davyth Hicks, Secretario Xeral da organización, que sinalou que na xuntanza “falaremos sobre as novas recomendacións de ELEN á Unión Europea para revitalizar e normalizar as nosas linguas, así como os casos de discriminación lingüística en tribunais internacionais e o novo protocolo de Donostia para a garantía de dereitos lingüísticos”. ELEN é a organización europea de referencia na defensa das linguas minorizadas. A Asemblea escollerá novo Comité de Dirección no que A Mesa propón ao seu presidente Marcos Maceira, para ocupar unha vicepresidencia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario