A MNL píde á Deputación de Ourense que tome medidas ao ser unha empresa participada pola entidade provincial. Desde a estación negan as acusacións.
A Estación de esquí de Manzaneda
ten a información cara os seus clientes só en castelán co argumento de
que consideran que é a lingua que deben usar xa que hai persoas de fóra
de Galiza que non entenderían o galego, afirma A Mesa.
Un usuario da Estación de esquí mostrou unha queixa pedindo que tamén
se ofrecera a información en galego. “A resposta da estación foi
negativa a súa proposta e deulle como alternativa o uso de Google Chrome para traducir directamente o castelán ao galego”.
A Mesa lémbralle a Estación de esquí de Manzaneda que se trata dunha empresa pública e que está participada ao 99% pola Deputación de Ourense polo que ten obrigas legais en canto ao uso do galego. “Se Manzaneda despreza o galego está desprezando tamén á sociedade galega”, argumenta Marcos Maceira, presidente da MNL.
A Mesa pide á Deputación de Ourense que tome medidas para garantir a presenza do galego e cumprir co dereito dos cidadáns a ser tratados nesa lingua.
A estación nega as acusacións
Desde a Estación de Manzaneda rexeitan as acusacións. En conversa con Sermos Galiza lembran que renovaron a súa hai pouco e que na mesma van incluír diferentes idiomas, entre eles o galego. Nesta liña, afirman que a lingua que se emprega na estación en catelería e indicacións "é o galego", para alén de negar que se despreze ou negue este idioma.
Nota: a información foi ampliada ás 17:50 para incluír a versión da Estación

Ningún comentario:
Publicar un comentario