A Plataforma Feminista Galega convoca manifestacións, concentracións e diferentes actos en varias cidades e vilas de Galiza. CIG manifestarase ante a sede da Xunta
O 7 de novembro de ano pasado miles de
persoas saíron ás rúas de Galiza e de todo o Estado para se manifestar
contra a violencia machista e exixir compromisos e medidas. Desde entón e
até o de agora, perto de 80 mulleres foron asasinadas no Estado,
segundo Feminicidio.net.
Este 25 de novembro a Plataforma Feminista Galega (PFG) convoca diversos actos en varias cidades de Galiza baixo o lema 'Loita feminista contra as violencias machistas'. En Compostela e Vigo convocáronse manifestacións, ambas as dúas con hora de comezo ás 20:00 horas. A da capital galega saíndo da Praza 8 de Marzo e a da cidade olívica da Farola de Urzaiz. En Vigo, ás 21:30 horas, hai na Rúa do Príncipe un acto de lembranza a Rosario Hernández 'A Calesa', “recuperando a memoria das asasinadas polo machismo e o fascismo”.
En Ourense a cita é as 20:00 horas, nunha cocnentración diante da Subdelegación do goberno e no Carballiño media hora antes, 19:30, e na Praza Maior da localidade. En Lugo a convocatoria é as 19:30 na Rúa da Raíña para unha perfomance e ás 20:00 horas na Praza do Concello para unha concentración.
Mobilización da CIG
CIG realizará esta sexta feira, 25N, o 2º Encontro Nacional de Delegadas. Unha xornada na que está prevista a participación de máis de 200 delegadas da CIG e que se desenvolverá desde as 10:00 no Cersia para rematar cunha manifestación que partirá ás 12:00 horas desde este edificio até San Caetano. “Escollemos o edificio administrativo da Xunta de Galiza para simbolizar a nosa resposta antes os recortes e a pasividade dun goberno fronte a violencia machista”, explicou Marga Corral, secretaria de Muller da CIG..

Ningún comentario:
Publicar un comentario