Realizaranse varias xornadas especiais de Xanceda ao longo de novembro. Nestas, un representante da granxa achegarase a diferentes coles para falar do seu interesante proxecto de Granxa Ecolóxica.
Este tipo de colaboracións son moi importantes para ARUME porque nos permite apoiar empresas de alimentación locais. Ademais, poñemos a disposición dos colexios novos e diferentes conceptos alimenticios. Neste caso concreto, ARUME achega aos máis pequenos un produto que non só brilla por ser ecolóxico, senón por ser un produto local elaborado na nosa terra.
Este último concepto é un habitual nos menús de ARUME. Sempre que sexa posible, primamos 100% a proximidade dos produtos. Cremos firmemente na calidade gastronómica da nosa terra. Por iso o produto galego é o protagonista dos menús dos pequenos. Neste caso concreto, xunto a Xanceda, mostramos como estes alimentos ecolóxicos poden ter perfecta cabida nos nosos menús.
Sobre a Casa Grande de Xanceda
A Casa Grande de Xanceda é unha granxa familiar situada en Mesía, A Coruña. Nela producen leite e produtos lácteos. Teñen 350 vacas que pasean e pacen por 200 hectáreas de prados e bosques. As súas vacas son, como eles mesmos din, vacas ecolóxicas e felices.Actualmente, son os segundos maiores produtores ecolóxicos de España. Despois de moitos anos producindo leite, en 2007 construíron o seu primeiro taller de iogur, como non, co leite fresco e ecolóxico da súa propia granxa. Desta forma controlan todo o proceso de produción, dende a herba dos pastos até o produto envasado para tenda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario