A Real Academia Galega celebrará os vindeiros días 22, 23 e 24 de novembro un encontro que xuntará ao longo de tres tardes máis dunha vintena de persoas expertas en distintos aspectos da obra do protagonista do Día das Letras Galegas de 2016.
O Simposio Manuel María
continúa a conmemoración do ano dedicado ao poeta chairego cun
programa, aberto a todo o público, no que os relatorios e mesas de
debate comparten cartel co recitado dos seus versos, e que concluirá coa
proxección do documental sobre o homenaxeado 'Eu son fala e terra desta
miña terra', da académica Margarita Ledo Andión. Todas as actividades
se desenvolverán na sede da RAG, na rúa Tabernas, 11 da Coruña.
A apertura do simposio, o martes 22 ás 16 horas, contará con outro membro da RAG e tamén amigo persoal do poeta, Darío Xohán Cabana, que pronunciará a conferencia inaugural, titulada “De Muiñeiro de brétemas a Advento: a progresión fulgurante”, a partir das 16.30 horas. De seguido, Marta Dacosta, Manuel López Foxo e Rosalía Fernández Rial analizarán distintos aspectos da obra poética de Manuel María nunha mesa de debate moderada por Mercedes Queixas. A primeira xornada concluirá cun recital de poesía do homenaxeado nas voces de Marica Campo, Rosalía Fernández Rial, Marta Dacosta, Cesáreo Sánchez e Xulio López Valcárcel.
O programa do mércores 23 de novembro inclúe unha conferencia de Camilo Gómez Torres, “Manuel María: biografía e creación”; unha mesa de debate, moderada polo académico Henrique Monteagudo, na que Mercedes Queixas, Carmen Fernández-Pérez Sanjulián e Xosé Ramón Freixeiro Mato falarán da obra narrativa e xornalística de Manuel María e da importancia da lingua na vida, na obra e no pensamento do autor; e tres relatorios de Henrique Rabuñal, Montse Penas e Xurxo Souto sobre a historia inserida no teatro de Manuel María, o papel que xogou a súa escrita na educación literaria en galego e a súa relación coa música.
O xoves 24 de novembro a xornada arrincará cunha mesa de debate sobre a relación entre poesía e política en Manuel María que moderará a académica Margarita Ledo e que terá como convidados a Xosé Estévez, Pilar García Negro e Carlos Quiroga. Na quenda de relatorios, Antón Lopo levará o público até o universo literario da libraría Xistral, que Manuel María e a súa dona Saleta Goy rexentaron en Monforte de Lemos; Xosé Lois García percorrerá as paisaxes identitarias do autor e a académica Fina Casalderrey abordará a pegada que Manuel María deixou nas escolas. A partir das 19.30 proxectarase, xa para rematar, o documental 'Eu son fala e terra desta miña terra', un retrato de Manuel María coa súa propia voz que recupera imaxes de distintos momentos e escenarios da vida do poeta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario