O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social la Caixa veñen de convocar a segunda edición da iniciativa Xornalismo na Escola, na que profesionais
en paro impartirán xornadas didácticas sobre comunicación a alumnos e
alumnas de 3º e 4º da ESO de centros de ensino de toda Galicia.
Será a segunda vez que se realice, e desta volta -despois do interese
que a iniciativa espertou nos centros e no alumnado- increméntase o
número de obradoiros que se levarán a cabo. Serán un total de 90, fronte aos 60 do pasado ano. De igual xeito, crece o número de profesionais que serán seleccionados para impartilos, un total de nove.
A primeira edición de Xornalismo na Escola levouse a cabo nos meses de marzo, abril e maio do 2016, con
máis de sesenta talleres de comunicación realizados en case corenta
localidades galegas, entre elas Arteixo, Arzúa, O Barco, Barro, Boiro,
Cambre, Monforte, Muros, Negreira, Sada ou Salvaterra, introducindo
temáticas transversais como a violencia de xénero. Este
proxecto é posible a un convenio de colaboración coa Obra Social 'la
Caixa', que dende hai anos organiza proxectos semellantes en Cataluña,
Madrid ou Sevilla.
As persoas interesadas en impartir as xornadas deben enviar antes das
19:30 horas do 30 de novembro a documentación e un breve curriculum por
correo electrónico ou por vía postal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario