Os recortes e tesoiradas para a educación pública contrastan co apoio económico da Xunta ao concertado, uns 240 millóns de euros anuais.
O ensino público en Galiza continúa a
acumular datos indicativos das que ten pasado durante estes anos. Os
recortes en profesorado, fechamento de colexios e aulas, tesoiradas en
medios, devaluacións salariais do profesorado, marxinación do idioma
propio, aposta na privada e concertada... son algunhas das estacións do calvario que o ensino público galego sofre, como denuncian os sindicatos, desde 2009, coa chegada do PP de Núñez Feijóo á Xunta de Galiza.
Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, ten cifrado en 1.750 millóns de euros os cartos que leva perdidos o ensino público en Galiza baixo a 'era Feijóo'. Unha mingua que ten a súa contrapartida, como denuncia o propio sindicato nacionalista, no fornecemento de apoio económico ao ensino concertado. CIG-Ensino fala nestes anos duns 240 millóns anuais, cifra quer inclúe tamén os centros que segregan por xénero.
Son perto de 4.000 docentes menos os que hai agora a respecto de cando Feijóo desembarcou na Xunta. Aliás, nestes anos suprimíronse un total de 411 unidades e 59 escolas no ensino público. Nese mesmo período creáronse 243 unidades no ensino privado concertado. Un 'trasvase' que, como salientan desde a propia comunidade escolar, aponta ben clariño por que modelo ediucativo se está a pular en Galiza desde o goberno.
Os datos e as cifras que axudan a completar o panorama destes anos son case que interminábeis: por exemplo, os docentes cobraban ao inicio do outono de media un 17% menos que en 2010. Ou, como afirman os propios datos da Consellería de Educación referentes a comezos de 2016, unha de cada cinco prazas de docentes en Galiza está ocupada por persoal interino e substituto. Das 30.269 prazas existentes no curso pasado, 4.074 estaban ocupadas por interinos e 1.350 por substitutos. En total, 5.424.

Ningún comentario:
Publicar un comentario