A CIG-Ensino reafirma a necesidade de paralizar e derrogar a LOMCE e con ela as reválidas
Mañá, día 29 de novembro, ás 10 horas, está prevista a reunión da
Permanente do “Consejo Escolar del Estado” co obxecto de emitir por vía
de urxencia o ditame sobre o proxecto de orde Ministerial pola que se
determinan as características, o deseño e o contido das probas das
avaliacións finais de ESO e do bacharelato para o curso 2016/2017, as
datas máximas para realizar as avaliacións e resolver os procedementos
de revisión das cualificación obtidas e os cuestionarios de contexto.
A CIG-Ensino presentará unha emenda á totalidade na que
solicita a retirada de dita orde e se reafirma “na necesidade de
derrogar, posteriormente, a LOMCE e con ela as reválidas, no
convencemento de que é unha lei lesiva para a ensinanza pública porque
aumenta a privatización e mercantilización da educación, promove a
segregación do alumnado, reforza a confesionalidade, desterra a
igualdade de oportunidades, elimina a xestión democrática dos centros e
impide o dereito universal á educación. A isto hai que sumarlle o
despropósito e o atropelo da súa implementación que desautoriza o
traballo do profesorado e desconsidera ao alumnado”.
A CIG-Ensino reafírmase tamén en que as reválidas responden exclusivamente a unha concepción clasista, son unha aberración desde o punto de vista pedagóxico, centralizan e uniformizan máis aínda o sistema educativo desprezan a avaliación continúa, desconfían do traballo do profesorado, crean un ranking de centros, promoven un sistema educativo competitivo e abandonan ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Ningún comentario:
Publicar un comentario