A prestación media en novembro en Galiza, 767,43 euros, continúa moi por baixo da media estatal. Por baixo da media española tamén se sitúan as prestacións por xubilación, incapacidade ou viuvez que se pagan no noso país.
O número total de pensións en Galiza no mes de novembro foi de 756.963, o que supón o 8% do total do Estado.
As pensións galegas continúan a ser das máis baixas. En novembro,
embora un leve ascenso do 1,9% a respecto do mesmo mes do ano pasado, a
cifra media era de 767 euros, a máis baixa despois de Estremadura. A
media estatal é de 909 euros mensuais, un 15% máis que a pensión galega.
Son 2.000 euros ao ano menos.
A pensión media estatal aumentou en novembro un 2,07%, máis que a galega, que non pasou do 1,9 por cento. A fenda entre ambas as dúas, pois, alárgase.
Esa fenda dase en todas as categorías. En Galiza hai 470.375 pensións por xubilación, que cobran de media 872 euros, o que supón 177 euros menos cada mes. Ao final do ano, con 14 pagas, case 2.500 euros. A prestación por incapacidade permamente (máis de 69.000 en Galiza) é de 827 euros mentres que a media estatal se sitúam nos 931 euros, cen euros de diferenza.

Ningún comentario:
Publicar un comentario