Reclama unha resolución ministerial con traslado ao BOE que paralice as reválidas para a súa posterior derrogación xunto coa LOMCE.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público (PGDEP) anunciaba este martes, en rolda de prensa, a
convocatoria de mobilizacións para o día 16 de novembro –cunha
concentración, ás 11:15 horas, diante da Consellaría de Educación, e
posterior entrega no rexistro das sinaturas recollidas contra as
reválidas- e para o día 24 de novembro – con concentracións nas sete
cidades, ás 19:00 horas, e en Cee, Vilagarcía ás 19:30 horas-.
O portavoz da PGDEP, Anxo Louzao, explicou que con estas
mobilizacións a plataforma quere reiterar a súa exixencia á Consellaría
de Educación de que actúe como goberno galego e remate coa “grave
situación” na que se atopa o sistema educativo neste momento,
cualificando de “indolente” e de “desleixo” a actitude das autoridades
educativas.
Por iso, respecto das mobilizacións convocadas para o día 24 de novembro, Louzao fixo un chamamento a toda comunidade escolar de secundaria a participar nunha xornada de loita baleirando as aulas, para manifestar así non só o rexeitamento ás reválidas e á LOMCE, senón tamén para denunciar a “tiranía e crueldade” á que se somete o alumnado, mediante unhas probas para as que o alumnado de segundo de bacharelato descoñece aínda, a estas alturas de curso, en que van consistir.
A este respecto, o portavoz da PGDEP apuntou tamén á situación de “desconcerto” na que está o profesorado, que non sabe para que tipo de exames ten que preparar o alumnado. Denunciou ademais que “vai ser a administración central a que fixe as características das probas, o seu deseño e contido e os criterios de avaliación así como o número máximo e mínimo de preguntas e tipoloxía das mesmas. As administracións educativas limitaranse a aplicar a práctica destas probas e, en todo caso, a trasladar eses criterios a unha proba”.
A respecto dos chamamentos á calma, tanto do Ministro como do conselleiro de Educación, que veñen asegurando nas súas últimas comparecencias públicas que as probas van ser semellantes ás PAU, sinalou que, “tendo en conta o Decreto publicado o 30 de xullo sobre as reválidas- por un goberno en funcións- que recolle que o alumnado terá que examinarse das 6 materias troncais, de 2 troncais de opción e máis dunha materia específica, o que inclúe materias como Filosofía, que é de 1º de Bacharelato, nada teñen que ver, como se ve, ou moi pouco se semellan ás probas de acceso á universidade”. Este decreto tamén define as preguntas máximas das materias, os tempos e un intervalo de datas para a súa realización. Porén “todo o demais está sen coñecer a día de hoxe, mesmo os contidos básicos, os estándares de aprendizaxe ou o que eles chaman as matrices específicas”, matizou.
Respecto das últimas filtracións que houbo sobre esta cuestión, Louzao explicou que se trata dun proxecto “que din que nada xa ten que ver co que hoxe mesmo se vai tratar nunha comisión técnica das distintas administracións educativas que preceden a Conferencia Sectorial de Educación na que están representadas as distintas administracións educativas do estado español”.
Diante desta situación o portavoz da Plataforma Galega en defensa do Ensino Público asegurou que “continuaremos na loita, na acción e na mobilización permanente”, porque “sabemos que estamos ante unha loita xusta, que sabemos que ten un apoio moi maioritario e que pretendemos que teña resultado satisfactorio para acabar con esta discriminación e esta situación de incerteza provocada por unha actitude de total desleixo que está sumindo no caos o sistema educativo galego”.
Fronte á LOMCE e ás reválidas, que converten a educación nunha mercadoría polo seu carácter competitivo, elitista, selectivo e neoliberal, a PGDEP defendeu un sistema educativo que conciba a educación como un dereito universal, baseado na igualdade de oportunidades e na gratuidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario