A Mesa pola Normalización Lingüística foi a representante galega neste encontro a través do seu presidente, Marcos Maceira, e de Paulo Filgueiras, secretario de relacións internacionais. Precisamente, o responsable da entidade asume unha das vicepresidencias da ELEN, na que Ferran Suay, de Acción Cultural del País Valencià, foi escollido presidente.
A Mesa denunciou o retroceso legal que sofre o galego: "Estamos nun proceso de estranxeirización do galego no seu propio país”"A pluralidade lingüística é unha riqueza que hai que manter, protexer e pór en valor”, destacou Marcos Maceira, que denunciou o retroceso legal que está a sufrir o galego sobre unha "situación legal xa precaria e que impide exercer o dereito básico a vivir en galego". Para o presidente d'A Mesa, “estamos nun proceso de estranxeirización do galego no seu propio país”.
Foron trinta as entidades participantes nunha xornada das máis dun cento que forman a rede de ELEN, representativas de 42 comunidades lingüísticas. Todas elas puxeron en común as accións que desenvolven nos seus países, ademais de debater o labor a seguir para conseguir que a Comisión Europea asegure a protección ás linguas que non son oficiais na UE e que están minorizadas. Como destaca A Mesa, debateuse a respecto das "accións conxuntas e de apoio mutuo que se desenvolverán nas diferentes institucións europeas para o recoñecemento da pluralidade e a diversidade lingüística".
As entidades da ELEN piden sancións da UE para quen non aplique a Carta Europea de Linguas ou a Convención para a Protección das Minorías NacionaisTodos os colectivos traballaron nun borrador de recomendacións nas que piden "a aplicación efectiva da Carta Europea de Linguas Rexioinais e Minoritarias e a Convención para a Protección das Minorías Nacionais [ambas do Consello de Europa] aló onde se ratificara, acompañada de sancións da UE de non aplicarse". Ademais, tamén piden o recoñecemento dos dereitos lingüísticos das minorías como un dereito fundamental e da discriminación lingüística como unha forma de racismo.
A Rede Europea pola Igualdade das Linguas pide considerar a discriminación lingüística como unha forma de racismoDe feito, Davyth Hicks, secretario xeral da organización internacional destacou como ́o desprezo e a discriminación das linguas minorizadas é unha forma de racismo tal e como sinala o Consello de Europa ́".
Na xornada da ELEN, pola entidade anfitrioa, a Plataforma per la Llengua, interveu Òscar Escuder, que explicou que defender as linguas é “defender a democracia, os dereitos humanos e a cultura e que en Europa non se pode tratar 50 millóns de falantes de linguas minorizadas como se fosen cidadáns de segunda”.
Ademais, o directivo do FC Barcelona Jordi Moix tamén deu a benvida aos asistentes ao Camp Nou tras explicar que “desde hai 100 anos o catalán é a lingua oficial do Barça” nos documentos dun clube no que “sentimos que o compromiso ca cultura e o país é un valor intrínseco da nosa identidade”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario