Por que IKEA exclúe o galego do seu sitio web, ao que si se pode acceder en catalán e éuscaro?
A empresa de mobles mantén o seu sitio web en castelán, catalán e éuscaro, pero non ten servizo en lingua galega. Por iso, Xosé Baamonde puxo en marcha unha campaña en Internet para pedir á compañía sueca que non exclúa o idioma de Galicia.
A iniciativa foi activada na popular plataforma change.org co lema "Queremos que Ikea ofreza a súa web en galego, xa que o fai en castelán, catalán e éuscaro". Nela, Baamonde expón:
Na web de Ikea ofrécense as alternativas de castelán, catalán, éuscaro e moitas outras linguas dos territorios onde teñen tenda esta multinacional sueca.
Non obstante, supoño que por descoñecemento, non aparece a opción de galego; pese a que teñen un establecemento na cidade de A Coruña.
O artigo 5 do Estatuto de Autonomía di que “A lingua propia de Galicia é o Galego”.
Por iso, solicito se remedie o erro ou omisión de non contar con este fermoso idioma na súa páxina web.
Ningún comentario:
Publicar un comentario