O sindicato afirma que Educación obriga os centros educativos a comprar gasóleo a determinadas empresas aínda que saia máis caro.
A CIG-Ensino informa que a
Consellaría de Educación enviou aos centros educativos unhas instrucións
para dicirlles que a partir deste curso a compra de combustible para as
calefaccións debe facerse a través dunha serie de empresas concertadas coa Xunta. “O novo sistema está a provocar que moitos centros teñan que pagar máis caro o gasóleo que cando o propio centro contrataba directamente este servizo coa empresa, por outra parte, do seu contorno”, afirma o sindicato nacionalista.
A isto engaden que moitas das empresas servidoras do combustíbel responsabilizábanse da limpeza dos recipientes do gasóleo, “evitando así ter que enfrontar o gasto de limpeza e conseguindo un servizo máis eficiente”.
A Consellaría centraliza a subministración de gasóleo mais son os centros os que teñen que responsabilizarse de solicitar orzamentos e cubrir toda a documentación. “Os centros teñen que pedir orzamento a todas as empresas adxudicatarias da súa zona e coller a máis barata, mais na práctica, nalgúns casos, estas empresas redúcense a unha soa, co que teñen que aterse ao prezo que lles dan, en moitos casos máis caro que o que compraban antes”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario