O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística denuncia na IV Asemblea Xeral da ELEN que “estamos nun proceso de estranxeirización do galego no seu propio país”.
A Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN polas súas siglas en inglés) engloba
un centenar de entidades representativas de 42 comunidades
lingüísticas, de idiomas minorizados. Realizou esta fin de semana a súa
IV Asemblea Xeral en Barcelona e contou co apoio ao máis alto nível das
institucións catalás: foron obxecto dunha recepción esta sexta feira por
parte do presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, e a cimeira foi inaugurada este sábado pola presidenta do Parlament, Carme Forcarell.
No seu discurso, Forcarell defendeu que “a pluralidade lingüística é unha riqueza que hai que manter, protexer e pór en valor”.
Na Asemblea Xeral elixiuse novo comité de dirección. Encabézano como presidente Ferran Suay, da Acció Cultural do País Valenciá, e como vicepresidente Marcos Maceira, titular á vez da Mesa pola Normalización Lingüística. Pola MNL tamén estivo presente na cimeira Paulo Filgueiras, secretario de Relacións Institucionais.
Nos traballos asembleares, a ELEN debruzouse sobre as accións e o apoio mutuo que as distintas entidades se poden prestar entre si en orde a conseguir o pleno recoñecimento da pluralidade e a diversidade lingüística. Nese sentido, o secretario xeral da organización, Davyth Hicks, declarou que “o desprezo e a discriminación das linguas minorizadas é unha forma de racismo tal e como sinala o Consello de Europa”.
Por súa parte, Marcos Maceira puxo o acento sobre a lexislación regresiva en materia lingüística posta en andamento polo PP desde que recuperou o poder na Xunta en 2009, un retroceso “sobre unha situación xa precaria” que estaría a impedir o exercicio do direito básico a viver en galego.

Marcos Maceira puxo o acento sobre a lexislación regresiva en materia lingüística posta en andamento polo PP desde que recuperou o poder na Xunta en 2009A asemblea tivo como cenario o salón Berlín do Camp Nou, o estadio dun Futbol Club Barcelona que ao longo da súa historia -como puxo en destaque na súa intervención o seu directivo Jordi Moix - se ten caracterizado polo seu compromiso coa lingua catalá, idioma oficial do clube “desde hai 100 anos”.
Nos traballos asembleares, a ELEN debruzouse sobre as accións e o apoio mutuo que as distintas entidades se poden prestar entre si en orde a conseguir o pleno recoñecimento da pluralidade e a diversidade lingüística. Nese sentido, o secretario xeral da organización, Davyth Hicks, declarou que “o desprezo e a discriminación das linguas minorizadas é unha forma de racismo tal e como sinala o Consello de Europa”.
Por súa parte, Marcos Maceira puxo o acento sobre a lexislación regresiva en materia lingüística posta en andamento polo PP desde que recuperou o poder na Xunta en 2009, un retroceso “sobre unha situación xa precaria” que estaría a impedir o exercicio do direito básico a viver en galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario