Tres innovacións tecnolóxicas galegas --presentadas por Kiply, Twibex35 e Xesol Innovation-- estarán presentes na nova edición do 'Web Summit 2016', evento que se celebrará en Lisboa entre o 7 e o 10 de novembro.
A cita, segundo informou a start-up Kiply, "converterase no punto de encontro das grandes compañías a nivel global" e nunha plataforma "para as empresas emerxentes", entre as que se atopan as tres start-ups galegas que presentarán as as súas innovacións.
O 'Web Summit', segundo consideraron, daralles a oportunidade de mostrar as súas tecnoloxías entre os máis de 50.000 asistentes procedentes de 150 países, que se reunirán "nun evento clave para o desenvolvemento da industria tecnolóxica", segundo destacan.
A próxima semana Lisboa converterase no punto de encontro do sector tecnolóxico de ámbito mundial. Así, no 'Web Summit' estarán presentes empresas do talle de Google, Facebook, Dropbox ou Amazon.
A eles uniranse as start-ups máis prometedoras do momentoc omo Spotify, Uber ou Stripe, entre outros. Grandes investidores e relatores de prestixio tamén se darán cita no evento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario