A Plataforma galega en defensa do ensino público acusa o goberno central de “dobre linguaxe e engano” e chama a se sumar á greve do 24 de novembro.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a comunidade educativa a se sumar e participar na greve e mobilizacións convocadas para esta quinta feira, 24 de novembro,
contra a Lomce e as reválidas. O portavoz da PGDEP, Anxo Louzao,
denunciou que mentres o goberno simula que as reválidas desaparecen,
prepara un decreto lei no que se vai estabelecer que, no futuro, terán
valor académico.
O maioritario rexeitamento tanto á LOMCE como ás reválidas obroga o goberno central a facer anuncios públicos que podem levar pensar que desaparecen as reválidas, indican desde a plataforma. Porén, hai unha “dobre linguaxe”, un “engano” do goberno central, pois sementa a idea de que as reválidas desaparecen “e ten xa redactado un borrador de decreto lei no que se recolle que agora se adían mais que no futuro terán valor académico, tanto para ESO como para bacharelato”. “Non di a partir de que curso, porque en lugar do ano poñen puntos suspensivos. Entendemos que á espera de que se acorde formalmente na Conferencia de conselleiros de Educación prevista para o día 28 de novembro”, matizou o portavoz da plataforma.
Louzao considera “contraditorio, inxustificábel e demagóxico” que se fale dun pacto educativo cando, tras aprobarse a resolución do Parlamento español que exixe a derrogación da LOMCE, desde o PP falen de levar esta cuestión ao Tribunal Constitucional “recorrendo a todos os mecanismos ao seu alcance para evitar a súa derrogación”.
A PGDEP manifestou tamén a súa preocupación polo “silencio” que mantén a consellaría de Educación a respecto desta cuestión e denunciou que nin sequera se sabe cal vai ser a súa posición na Conferencia Sectorial de Educación do vindeiro día 28. Unha posición que Louzao considerou que debería ser acorde coa posición da sociedade galega, de maioritario rexeitamento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario