O 31 de outubro EsCULcA presentou
Queixa xunto da Valedora do Pobo sobre o réxime de vida ao que estarían
submetidas as persoas menores de idade en situación de desamparo
ingresadas no centro San José - Hijas de la Caridad de Vigo,
que asume a xestión do acollemento residencial de menores sob tutela
administrativa da Consellaría de Política Social da Xunta de Galiza.
Non semella que a tutela da Xunta teña sido eficaz para evitar estes feitos. Estima o noso Observatorio que o Valedor teria que ter incoado queixa de oficio e demanda que, de ainda non o ter feito, incoe queixa coas seguintes actuacións minimas: i) entrevista reservada cos menores. ii) exame do centro. iii) solicitude de testemuño das actuacións xudiciais arquivadas e actuacións preprocesuais da Fiscalía arquivadas. iv) actuacións íntegras da Inspección de Centros da Xunta de Galiza. v) reclamación de copia de informe pericial citado na información publicada.
Ver aqui o texto da queixa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario