A Mesa impulsou o hastag #VodafoneOdiaOGalego e criticou a mala praxe desta empresa cos galegofalantes.
“Un teleoperador de @vodafone_es que me chamaba de Valladolid acaba de dicirme que o galego é un dialecto do español”. Este tweet dun usuario desta compañía telefónica iniciou un ha polémica a través das redes sociais.
Pouco despois, e logo dun intercambio de mensaxes nas redes sociais, a compañía telefonica recoñecía que, “aínda que el gallego sea una lengua oficial y no un dialecto” a lingua oficial desta compañía para atender aos seus clientes era o castelán. Esta situación fixo intervir á A Mesa que impulsou o hastag #VodafoneOdiaOGalego e criticou a mala praxe desta empresa cos galegofalantes.
Ante as queixas nas redes sociais, a compañía telefónica respondeu que no número 22123 se podía presentar a reclamación en calquera lingua. A Mesa comprobou esta afirmación chamando a ese número e tras sinalar o motivo da chamada na “política da empresa contra o galego”, recibiu como resposta que “Vodafone non atende chamadas no extranxeiro”.
“Casos coma este vulneran a lexislación como o artigo 46 da Lei galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias: os consumidores, nas súas relacións de consumo, teñen dereito a usar calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galiza”, denuncian desde A Mesa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario