A entidade remitiu aos grupos parlamentares unha solicitude de reunión. A intención é que “por fin” se poña en andamento o PXNLG.
A Mesa pola Normalización
remitiu unha solicitude de reunión a todos os grupos da cámara galega
para debate e tentar acordar as primeiras accións a prol do galego
diante da nova lexislatura que se abriu. Na carta afírmase que “entre
todas e todos debemos reverter o proceso de desgaleguización e perda de
falantes que sofre a nosa lingua”.
Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “non se pode demorar por máis tempo” a aplicación dos acordos comúns, como os comprometidos na Declaración de Unidade a prol da Normalización da Lingua galega, asinada por todos os grupos o 15 de xullo de 2015
A Mesa xa remitira a todas as organizacións que concorreron ás pasadas eleccións unha proposta de 6 medidas urxentes, que ademais foron a base da última mobilización do pasado 17 de maio, apoiada por todas as forzas da oposición. Estas seis medidas urxentes, contempladas no PXNLG, teñen relación coa CRTVG, o ensino e lecer infantil e xuvenil, a administración pública, os transportes, o intercambio do sinal RTP-CRTVG e o condicionamento de subvencións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario