O Colexio de Avogados de Santiago acolleu este martes a X Xornada Xustiza e Lingua 'Reflexións para a normalización', organizada polo servizo de Asesoramento Lingüístico da institución colexial.
A apertura do encontro correu a cargo do decano do Colexio, Evaristo Nogueira, e a ela asistiu tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín.
Durante a apertura, Evaristo Nogueira destacou a aposta da institución pola normalización do uso do galego nas súas actividades, un proceso que se comprometeu a continuar. Pola súa banda, Valentín García recordou que aínda quedan "pasos por diante" para conseguir que o galego sexa "unha lingua de uso común na Xustiza".
Entre outras persoas, nas mesas redondas e relatorios participaron a xuíza Carmen Pose Amado e o filólogo Henrique Monteagudo, secretario da Real Academia Galega, entre outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario