O conselleiro ignora as peticións da RAG e di que están dirixidas "a toda a sociedade".
O conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez, descartou este sábado que o decreto do plurilingüismo fixese descender o número de nenos que falan galego ou castelán e asegura que "o problema xurdiu antes". Así manifestouno en relación á declaración que deu a coñecer e venres a Real Academia Galega (RAG) sobre o uso do galego, na que, entre outras cousas, reclamaba a derrogación do decreto do actual Goberno que no seu día rebaixou a presenza do idioma propio de Galicia nas aulas. A RAG pediu á Xunta que lidere unha iniciativa social para frear a drástica caída de falantes de galego entre os menores de 15 anos que rexistraron as últimas estatísticas oficiais.Vázquez, que en breve abandonará o cargo para ser candidato do PP á alcaldía de Ourense, considera a declaración da RAG "chamada de atención" a toda a sociedade e "en ningún momento un tirón de olleiras ao Goberno". Segundo sinalou o titular de Cultura, antes da declaración da RAG tivo unha reunión cos seus representantes -tamén acudiu o presidente Feijóo- e se se len os puntos, entenderase que é unha chamada a toda a sociedade, propulsada polo Goberno, pero en ningún momento é un tirón de orellas", concretou. "Así mo manifestaron", agregou.
Así mesmo, aludiu a que mesmo pode haber "discordancias" internas, dentro da propia RAG, sobre as relacións mantidas coa consellería pero sempre foron moi institucionais e valoradas positivamente" tanto co anterior presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín como "agora o son" co tamén ourensano Xesús Alonso Montero. "É unha chamada a todos os partidos políticos, sindicatos, prensa, sociedade e familias", abundou.
Vázquez referiuse en concreto ao decreto do plurilingüismo, cuxa petición de derrogación reiterou a RAG este venres, para defendelo pois "se demostra que favorece o plurilingüismo e aumentar o número de nenos plurilingües non é perder nenos para o galego nin para o castelán". Ademais, asegurou que o "problema xurdiu antes e con puntos de inflexión anteriores" ao decreto.
Vázquez trasladou a necesidade de "traballar todos niso, asumir a parte que toca de responsabilidade e facer un esforzo dende sindicatos a empresarios e medios de comunicación, entre outros, e esa foi a chamada de atención da RAG".
Ningún comentario:
Publicar un comentario