A filtración dun
documento interno de Telefónica dando a entender que a compañía reduciría o seu
investimento na súa infraestrutura de fibra óptica por mor das esixencias
da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) para compartir estas
novas redes está a demostrar sen unha xogada interesada, para xustificar as
presións para forzar á Comisión a mudar o seu parecer, o que está a facerse directamente a través do Grupo
Parlamentario Popular, que presentou
unha iniciativa no Senado para esixir á CNMC que dea marcha atrás na súa
proposta que considera “unha desproporcionada intervención regulatoria” que
poría en perigo investimentos e postos de traballo.
O PP considera que as medidas que quere adoptar a CNMC afecta non só aos 30.000
empregados de Telefónica, senón tamén “aos 10.000 postos de traballo indirecto
que o despregamento de fibra óptica estaba a xerar a través das empresas
subministradas e subcontratistas de obra civil”, á vez que tamén destaca que ao
levar a Telefónica a reducir os seus investimentos en España tamén estaría a
frear a mellora da banda larga no noso territorio, provocando “unha España a
dúas velocidades”. Consideran así dende o Grupo Parlamentario Popular que a
postura da CNMC “carece de perspectiva económica” e afástase “de outros
obxectivos que persegue a Lei Xeral de Telecomunicacións”.
A moción popular sorprendeu aos rivais de Telefónica, que consideran que se
trata dunha inxerencia cara a unha lexislación que está na liña do resto de
Europa e que pretende que non se reproduza a situación de dominancia nas novas
redes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario