venres, 13 de febreiro de 2015

Redegal busca programadores de aplicacións móbiles e de desenvolvementos en ecommerce

A empresa galega Redegal, unha das nosas máis activas axencias de desenvolvemento web e ecommerce, vén de anunciar a súa intención de incrementar equipo de traballo. Máis polo miúdo, do que se trata é de facerse con programadores para as plataformas de comercio electrónico Magento e Prestashop e para o desenvolvemento de aplicacións móbiles, tanto para iOS como para o sistema Android. Requisito fundamental: os aspirantes deben coñecer ben a tecnoloxía a empregar e “saber googlear cando a ocasión así o requira”. Por suposto, valorarase moi positivamente o entusiasmo, a arela de facer ben as cousas e a capacidade para traballar en equipo.
Na procura de programadores para Redegal (que pasarán a formar parte da área de produción da empresa galega) teranse en conta diferente estudos relacionadas coas TIC, partindo da base (e de aí para arriba) da Enxeñaría Técnica e/ou a Diplomatura en Informática ou Telecomunicacións. Tamén se valorará moi positivamente ter experiencia en PHP e MVC e atesourar coñecementos de control de versións (“sobre todo a ferramenta GIT”). En compensación, Redegal ofrece a posibilidade de “incorporarnos a un equipo de xente nova e altamente cualificada e con desexos de embarcarse nunha empresa en crecemento”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario