luns, 16 de febreiro de 2015

Os medios en galego denuncian a súa exclusión das axudas institucionais

A Xunta destinou 1.675.000 para os xornais dos grandes grupos de comunicación, namentres que repartiu algo menos de 182.000 entre os xornais integramente en galego por utilizar esta lingua, segundo afirma Amega.  

Os medios membros da Asociación de Medios en Galego (Amega) denuncian a “desidia da Xunta para coa defensa do uso do galego no eido da comunicación e a pasividade das administracións públicas”. “Son varias as situacións nas que a entidade, que defende, ante todo, o uso do noso idioma nos medios de comunicación, viuse atacada” polas decisións do goberno autonómico, engade.
No pasado 2014, “os medios que utilizan o castelán levaron nove veces máis axudas na orde de axudas institucionais que os medios que usan o galego. A Xunta destinou 1.675.000 para os xornais dos grandes grupos de comunicación, mentres que repartiu algo menos de 182.000 entre os xornais integramente en galego por utilizar esta lingua”, afirma a asociación de medios en lingua propia, que tamén afirma que das “axudas en galego  que tamén se beneficiaron os grandes grupos de comunicación con centos de miles de euros por utilizar tan só o 6% do galego en todo o medio”.
BNG, AGE e PSOE apoian unha Lei de Publicidade Institucional que poña freo aos convenios de publicidade arbitrarios que Amega di que non chega aos medios en galego
Ademais, Amega quéixase da “exclusión dos medios de comunicación en galego das constantes campañas publicitarias institucionais. Campañas polas que a Xunta inxecta aos grandes grupos millonarias cantidades de diñeiro en conceptos variados de publicidade e propaganda”. Neste sentido, a asociación levou ao Parlamento Galego unha Proposición de Lei de Publicidade Institucional que contou co apoio do BNG, AGE e PSdeG e que recolle “a prohibición dos convenios pola súa evidente arbitrariedade e a reserva dunha parte do orzamento das campañas publicitarias para medios en galego”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario