xoves, 12 de febreiro de 2015

Manuel Rivas e Carlos Negro encandean aos alumnos de Deza

É xa máis que habitual que os escritores en lingua galega visiten os centros educativos para compartir a súa experiencia cos alumnos que, máis que ler, devoran os seus libros. Onte houbo visita por partida dobre. En Silleda, a Casa de Cultura converteuse nunha enorme clase na que os alumnos de terceiro e cuarto curso de primaria do CEIP e do colexio María Inmaculada recibiron a Manuel Rivas e o músico César para ver como pode dramatizarse a obra Ou raposo e a mestra, do escritor coruñés. Mentres tanto, os alumnos do instituto Marco do Camballón, en Vila de Cruces, abordaron con Carlos Negro as novas formas de machismo e de violencia de xénero que se agachan nas novas tecnoloxías e, como non, na eterna ditadura que impón a sociedade e os medios ao rol feminino. Diso fala negro nas súas Penúltimas tendencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario