O Office 2016 será a versión de pagamento de Office, herdeira de 2013, que incluirá practicamente as mesmas prestacións da súa versión anterior, pero incluíndo melloras na súa interface e integrando un asistente que podería lembrarnos ao vello Clippy, axudándonos a obter axuda de xeito rápido, pero limitando a súa presenza en pantalla a una barra de busca na que podemos introducir as nosas dúbidas.
- Office 2016 integrará un novo asistente
O Windows 10 RTM podería saír en xuño
Aínda que Microsoft non chegou a detallar o seu calendario de lanzamento para Windows 10 e Office 2016, parece que as versións preliminares do software están xa nun estado bastante estable, polo que estariamos moi preto de chegar á súa versión definitiva e xa se comenta que a versión de Windows 10 para fabricantes de sistemas informáticos podería chegar no mes de xuño, movemento que podería facilitar que Windows 10 xa estivese en equipos novos nas tendas no mes de setembro, ou sexa, para o inicio do curso escolar, o que podería ser unha xogada que beneficiaría considerablemente á vindeira xeración de equipos Surface, que podería ver a luz co novo sistema operativo e poderían resultar extraordinariamente atractivos para estudantes ao combinar o funcionamento dun portátil co dunha tableta con stylus (ou sexa, que incluso podería empregarse para a anotación de diagramas e fórmulas dun xeito áxil).Este novo calendario sería bastante crible se atendemos tamén aos prazos que se marcaron durante o lanzamento de Windows 8, xa que só suporía unha redución dos prezos en menos dun mes, o que non parece un axuste moi grande, e si tería uns beneficios importantes a nivel comercial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario