mércores, 4 de febreiro de 2015

As universidades galegas atrasan a reforma dos graos

Viaño, Mato e Armesto unen as súas voces para reclamar que unha modificación e unha moratoria da reforma que permite obter graos en só tres anos. Os reitores están preocupados pola calidade dos títulos e a financiación das facultades.

Os reitores das tres universidades galegas, Juan Viaño, Salustiano Mato e Xosé Luís Armesto, reafirmáronse este martes nunha comparecencia pública no Colexio de San Xerome no acordo tomado na Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) que retrasa a setembro de 2016 o inicio da tramitación de propostas de reorganización das ensinanzas oficiais contemplado no decreto publicado este martes no Boletin Oficial do Estado.
 
Os responsables das universidades do Sistema Universitario Galego coinciden en que debe rematarse primeiro coa avaliación dos títulos hoxe vixentes e así culminar cun proceso de reforma comezado hai uns anos. Parello a isto, consideran necesario, como onte puxo de manifesto a CRUE, que se abra un proceso de reflexión sobre o futuro da universidade e o seu modelo de financiamento. Neste proceso, consideran os reitores, deben participar todos os membros da comunidade universitaria. 
 
A maior preocupación dos reitores galegos, en consonancia cos do resto do Estado, é “a defensa da calidade da oferta académica garantindo ademais unha verdadeira igualdade de oportunidades para os seus estudantes” tal e como recolle o acordo da CRUE. “Consideramos necesario que a sociedade conte coa suficiente información sobre a nova oferta curricular de graos e másteres oficiais que poida derivarse desta disposición co obxectivo de asegurar a mellor formación e empregabilidade dos nosos egresados”, sinalaron.

Ningún comentario:

Publicar un comentario