En tan só unhas semanas dende o anuncio
dos últimos plans do Ministerio de Educación para rematar coa
Universidade Pública co famoso decreto 3 +2, a resposta social de
rexeitamento contra esta medida foi tremenda. A iniciativa de recollida
de firmas en change.org que dende o Sindicato de Estudantes lanzamos
contra este decreto conseguiu unha resposta rotunda. Esta mañá
superabamos as 80.000 firmas contra o 3 +2, grazas aos miles de mozos,
profesores, pais e traballadores en xeral que quixeron deixar clara a
súa total oposición a un ataque deste calado que quere expulsar da
Universidade Pública a centos de miles de mozos.
A adhesión masiva de decenas de miles de
persoas é un reflexo da profunda indignación que as medidas de Wert e
do goberno do PP están a provocar. Por iso, hai que continuar con máis
forza aínda esta campaña e loitar por lograr as 100.000 firmas nos
próximos días. A seguinte cita será nas rúas e na mobilización. O 25 e
26 de Febreiro paramos os institutos e a Universidade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario