A
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
abre este
martes 10 o prazo de inscrición para
aspirarmos á obtención
da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
A convocatoria achega 180 prazas para o curso de formación previo ao
exame presencial. Se queremos participar nesta actividade formativa,
debemos ser maiores de dezaseis anos, estar dados de alta na rede
CeMIT e ter pagado a taxa correspondente aos dereitos de exame. O
curso desenvolverase na modalidade de
teleformación con titorías de apoio e
estenderase
ata mediados do mes de xuño cun total de 190 horas de contidos.
Subministraranse a
través deste programa contidos do Plan Formativo Ofimático de
Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo
formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de
certificados de profesionalidade: Sistema operativo, busca da
información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas),
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice
Base (50 horas), Aplicacións informáticas para presentacións:
gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas),
Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice
Writer. (30 horas) e Aplicacións informáticas de follas de cálculo.
LibreOffice Calc (50 horas).
Segundo apunta AMTEGA,
os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados
seguindo as boas prácticas recollidas na Guía
de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de
Galicia recentemente publicada e concretamente na
súa modalidade de software libre. As persoas que xa posúan estes
coñecementos poden optar ás convocatorias para as probas
presenciais sen realizar o curso formativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario