xoves, 5 de febreiro de 2015

O Sindicato de Estudantes anuncia folga o 25 e 26 de febreiro contra o novo decreto de graos

O Sindicato de Estudantes (SE) anunciou hoxe a convocatoria dunha folga do alumnado os días 25 e 26 deste mes en institutos e universidades en rexeitamento ao real decreto que flexibiliza a duración dos graos (entre 3 e 4 anos) e másteres (entre 1 e 2 anos).

Así o anunciou en rolda de prensa a secretaria xeral do Sindicato de Estudantes, Ana García, quen cualificou a normativa aprobada polo Goberno o pasado venres de brutal "ataque á universidade pública" e pediu a retirada "inmediata" do mesmo.

Se o Ministerio de Educación non dá marcha atrás con este decreto, o SE tamén chama á folga os días 17 e 18 de marzo.


Ademais, García criticou a decisión tomada onte pola Conferencia de Reitores das Universidades (CRUE) de non estar en contra do real decreto e só aprazar a súa implantación da normativa ao curso 2017-18; opinou que é "unha trampa".

O Sindicato de Estudantes convoca así mesmo manifestacións por toda España o próximo día 26 baixo as lemas Non ao decreto 3+2, Non á privatización da Universidade pública.

http://www.sindicatodeestudiantes.net/index.php/noticias/movimiento-estudiantil/estatal/2097-wert-pretende-destruir-la-universidad-publica

Ningún comentario:

Publicar un comentario