xoves, 19 de febreiro de 2015

Aulas baleiras, estudantado en folga

Organizacións, colectivos e asembleas estudantís chaman á mobilización o 26 de febreiro.

Agir, Comités e a Liga,Acción Universitaria, AEOP, ARDE, Asemblea Aberta de Lagoas, Asemblea Campus Histórico, Asemblea Campus Sur, Asemblea EcoAde, Asemblea de Estudantes de Burela, Asemblea Estudantil do Couto, Asemblea Filoloxía, Asemblea FP Politécnico e CEL chaman a baleirar as aulas o 26 de febreiro.
A convocatoria, embora fose lanzada a finais de 2014, coincide poucas semanas despois de se aprobar máis unha reforma educativa. E van unha ducia desde 1970.
Esta semana no número 134 debruzámonos sobre as razóns do estudantado para secundar a greve e facémolo dándolles voz a alumnado do ensino medio, da universidade e dos ciclos de Formación Profesional.
Noela, Ramón, Tamila, Daniel e Alfredo explícannos os motivos para deixar baleiras as aulas en defensa dun ensino "público, popular, científico, antipatriarcal e de calidade".


Ningún comentario:

Publicar un comentario