Reválidas, supresión de unidades no ensino público mentres se aumenta o orzamento para a concertada, recortes en profesorado, marxinación do idioma galego... O sindicato nacionalista considera que o curso que comeza vai ser “conflitivo”.
O curso que comeza vai ser “conflitivo” e “problemático”,
vaticinan desde CIG-Ensino, o principal sindicato do sector.
Prognóstico que fan baseándose na intención da administración de facer
as reválidas de bacharelato e ESO, mantendo a LOMCE, de perseverar na
“destrución do ensino público” ou a falla de profesorado. O secretario
nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, explicou que o
inicio do curso escolar vén marcado pola imposición da LOMCE, coas súas
reválidas na ESO e Bacharelato. Unha cuestión que xa avanzou “seguirá
sendo motivo de conflito até que consigamos a súa paralización e
derrogación”. Probas para as que a CIG-Ensino chamará á insumisión,
toda vez que este ano serán só orientativas e prescindíbeis para
conseguir a titulación. Estas probas reguláronse, dixo, aproveitando o
verán, por un goberno en funcións e sen que se coñeza, até o 30 de
novembro, en que consistirán.
Louzao tamén advertiu de que o PP “persiste na destrución do ensino público”. Suprime 84 unidades e 13 escolas, mentres aumenta as partidas destinadas para o ensino concertado, coa creación de 58 novas unidades. Unha situación que, lembrou, se repite curso tras curso e que ten provocado que nos últimos 5 anos se suprimiran 411 unidades e 59 escolas no ensino público cando, nese mesmo período, se crearon 243 unidades no ensino privado concertado.”O ensino privado recibe en concertos, cada ano, máis de 245 millóns de euros” .
Profesorado
O recorte de profesorado é outra das cuestións que a CIG pon enriba da mesa. “En moitos centros os actuais cadros docentes son xa totalmente insuficientes para atender a diversidade”, afirmou Louzao. Asegurou que isto mingua a calidade do ensino, con aulas masificadas e con máis de 200 unidades que superan as ratios máximas establecidas; denunciou que se acrecentaron os agrupamentos de alumnado de diferentes idades, desatendéronse as necesidades educativas específicas e falta profesorado de PT, AL e Orientadores, que van compartir centros.
Diante deste panorama denunciou que se converte o profesorado nun profesional ambulante e que esta situación impide levar a cabo programas e proxectos educativos.
Anxo Louzao denunciou tamén que o goberno galego mantense na liña da “persecución e marxinación do noso idioma” mesmo incumprindo a Consellaría a súa propia norma, que “xa é lesiva para o galego”. Sobre esta cuestión salientou que “neste curso na ESO o ensino en galego pasa a ter unha hora menos” ao incrementarse unha hora de Matemáticas –materia sobre a que pesa a prohibición de que se imparta en galego- e réstase unha hora a Ciencias Naturais. Isto xunto o feito de que hoxe o ensino en galego é anecdótico nas escolas infantís das cidades ou que na FP non hai material curricular no noso idioma dá como resultado que “hoxe a maioría do alumnado nin sequera recibe o 15% das aulas en galego”.
“Nos últimos 5 anos suprimíronse 411 unidades e 59 escolas no ensino público. Nese mesmo período creáronse 243 unidades no ensino privado concertado”Recortes
Louzao tamén advertiu de que o PP “persiste na destrución do ensino público”. Suprime 84 unidades e 13 escolas, mentres aumenta as partidas destinadas para o ensino concertado, coa creación de 58 novas unidades. Unha situación que, lembrou, se repite curso tras curso e que ten provocado que nos últimos 5 anos se suprimiran 411 unidades e 59 escolas no ensino público cando, nese mesmo período, se crearon 243 unidades no ensino privado concertado.”O ensino privado recibe en concertos, cada ano, máis de 245 millóns de euros” .
Profesorado
O recorte de profesorado é outra das cuestións que a CIG pon enriba da mesa. “En moitos centros os actuais cadros docentes son xa totalmente insuficientes para atender a diversidade”, afirmou Louzao. Asegurou que isto mingua a calidade do ensino, con aulas masificadas e con máis de 200 unidades que superan as ratios máximas establecidas; denunciou que se acrecentaron os agrupamentos de alumnado de diferentes idades, desatendéronse as necesidades educativas específicas e falta profesorado de PT, AL e Orientadores, que van compartir centros.
En máis de 200 unidades supéranse as ratios máximas establecidasNo mes de agosto adxudicouse destino a 2.436 mestres, dos que 1.122 son interinos, 452 itinerantes e 326 imparten afíns. Con respecto ao profesorado de secundaria, sinalou que “até o día 9 de setembro, a 5 días do inicio de curso en secundaria, non se lle adxudicará destino e que na adxudicación provisional déuselle destino a 4.112 dos que 806 son interinos; 1.725 substitutos e que 1.138 impartirán afíns.
Diante deste panorama denunciou que se converte o profesorado nun profesional ambulante e que esta situación impide levar a cabo programas e proxectos educativos.
“Hoxe a maioría do alumnado nin sequera recibe o 15% das aulas en galego”Galego
Anxo Louzao denunciou tamén que o goberno galego mantense na liña da “persecución e marxinación do noso idioma” mesmo incumprindo a Consellaría a súa propia norma, que “xa é lesiva para o galego”. Sobre esta cuestión salientou que “neste curso na ESO o ensino en galego pasa a ter unha hora menos” ao incrementarse unha hora de Matemáticas –materia sobre a que pesa a prohibición de que se imparta en galego- e réstase unha hora a Ciencias Naturais. Isto xunto o feito de que hoxe o ensino en galego é anecdótico nas escolas infantís das cidades ou que na FP non hai material curricular no noso idioma dá como resultado que “hoxe a maioría do alumnado nin sequera recibe o 15% das aulas en galego”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario