O vindeiro día 12 os representantes das universidades galegas manterán unha xuntanza co Conselleiro de Educación para falar do decreto ´3+2’.
Os reitores galegos están en total sintonía cos seus homólogos do Estado español na moratorio até 2017 do decreto ‘3+2’polo que os centros universitarios non ofertarán graos de 3 anos até o curso 2017-18. Os reitores das 3 universidades de Galiza compareceron xuntos para sinalar que durante esa moratoria habería que analizar os pasos a dar, tendo claro que todas as carreiras deberían de ter a mesma estrutura nas diferentes universidades, evitando así que a mesa dure máis graos nunha que noutra.Tamén expuxeron que ten que darse un maior “esforzo público” a graos que post-graos, polo que se debería de equiparar másteres e graos en canto a taxas (na actualidade os primeiros poden duplicar en prezos aos segundos). Tamén sinalaron que o decreto do Goberno aprobado a pasada sexta feira supón un encarecemento para os estudantes do dereito ao ensino.
O vindeiro día 12 os representantes das universidades galegas manterán unha xuntanza co Conselleiro de Educación para falar do decreto ´3+2’.
Ningún comentario:
Publicar un comentario