Unha Proposición non de lei do BNG instaba á Xunta a cumprir as resolucións aprobadas “por unanimidade” en setembro para a aplicación e seguimento do Plano Xeral de Normalización da lingua galega. O representante do PP acusou o BNG de “impoñerlle á xente o que ten que falar”.
A deputada nacionalista Ana Pontón defendeu na tarde desta terza feira unha Proposición non de lei na Comisión de Educación e Cultura do parlamento galego, PNL na que instaba á Xunta a cumprir as resolucións aprobadas “por unanimidade” o pasado mes de setembro do 2014 para a aplicación e seguimento do Plano Xeral de Normalización da lingua galega. Pontón acusou ao Partido popular de “afundir o país e a nosa lingua” e dixo que a diminución do uso do galego non é un problema da xente como intentou deslizar o presidente da Xunta é, a todas luces, o resultado dunha actuación deliberada e con responsabilidades políticas.A PNL foi rexeitada cos votos do PP mentres que BNG, AGE e PSdeG votaron a prolA deputada lembrou que hai unha moi ampla vontade social, expresada en numerosas platrfoams, colectivos, entidades e institucións, que reclaman sexa aplicado o Plan de Normalización Lingüística e derrogado o decreto do plurilingüismo.
O portavoz do PP, Agustín Baamonde acusou o BNG de pretender “impoñerlle á xente o que ten que falar”, a deputada pediu amparo á mesa da comisión para que o deputado popular retirara a acusación. Pola súa parte, a presidenta da mesa, Soledad Piñeiro respondeu que non aceptaba a solicitude porque suporía recortar o dereito de expresión do portavoz do PP. Baamonde recoñeceu que diminuíu de “maneira preocupante o uso do galego” mais rexeitou que se debese a razóns políticas. Embora apoiar AGE e PSdeG a proposta do BNG, a maioría do PP botou abaixo a PNL:
Ningún comentario:
Publicar un comentario