Ten como obxectivo fomentar o estudo, a reflexión e o debate sobre ecoloxismo para formar os seus integrantes e aumentar a conciencia da sociedadeA denominación Terra Livre rende homenaxe a unha das primeiras publicacións da península que fixo referencia a postulados ecoloxistas: o semanario anarquista Terra Livre, que se publicara ao longo do ano 1913, durante a Primeira República Portuguesa, e que no seu primeiro número sinalaba que "Terra Livre é o amor pela natureza, de que a humanidade é apenas uma parte minima, sem superioridade!”
A rede organízase de maneira horizontal e defende como valor fundamental a diversidade lingüística e cultural. Para cumprir os obxectivos os coordinadores de cada espazo de lectura traballan a través dunha lista de correo electrónico interna que servirá para potenciar o apoio mutuo na difusión das distintas convocatorias de cada espazo de lectura, o fomento da aparición de novos espazos de lectura ecoloxista en distintos puntos tanto dentro da Península Ibérica coma fóra dela e a preparación dun encontro anual entre os diferentes espazos de lectura ecoloxista da Rede.
A Rede dispón dun grupo aberto de Facebook que, ademais de servir para a difusión das súas convocatorias, funciona como espazo virtual principal para colgar referencias, debater sobre diferentes temas, e punto de encontro entre os integrantes dos distintos espazos de lectura e calquera persoa interesada na materia.
O primeiro nodo desta rede en Galicia é o Espazo de lectura ecoloxista na Coruña, en proceso de creaciónO primeiro nodo desta rede en Galicia é o Espazo de lectura ecoloxista na Coruña, en proceso de creación. O seu email de contacto é ecoespazolectura@gmail.com. A Rede Terra Livre anima a todas as persoas interesadas nestas cuestións a participar nos espazos de lectura da súa localidade e, en caso de non existir aínda, anima a crealos, ofrecendo para iso todo o seu apoio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario