A CRUE adoptou esta decisión por ampla maioría na súa asemblea extraordinaria.
A Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) aprobou un acordo, por unha ampla maioría, polo que os centros universitarios non ofertarán graos de 3 anos até o curso 2017-18.Aí o manifestou José Carrillo, reitor da Universidade Complutense de Madrid, unha vez finalizada a asemblea extraordinaria que decorreu esta segunda feira para analizar o Real Decreto polo que se modifica o ensino da ordenación de ensinanzas universitarias oficiais, que o goberno español aprobou en Consello de Ministros a pasada sexta feira. “Os reitores plantáronse contra o decreto”, afirmou.
As e os reitores das universidades públicas e privadas, representadas na Crue, chaman a manter a "cohexión do sistema" e consideran a reforma aprobada polo goberno como un paso que "reduce a calidade" e "aumenta o gasto familiar" en educación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario