Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG)
demandou este luns o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que
"rectifique" e suprima a "noxenta" orde de concertos educativos con
centros que segregan por sexo, por entender que fomentan as desigualdade
nas aulas".
Díxoo, en rolda de prensa --acompañado pola responsable de
Educación--, o secretario xeral da organización xuvenil do PSdeG, Aitor
Bouza, quen recordou en varias ocasións que unha sentenza do Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou este tipo de concertos.Ante iso, censurou que a Xunta os manteña en vigor, instalándose así en "a ilegalidade total e absoluta" para continuar aplicando a "ideoloxía" do PP "de forma drástica". E é que, segundo as súas propias palabras, "froito dunha aberración ideolóxica e sectaria", o Goberno galego está a conceder diñeiro público a "centros fortemente vinculados ao Opus Dei".
Ningún comentario:
Publicar un comentario