Malia o descontento social xerado pola norma, que mobilizou toda a comunidade educativa, as emendas non limaron os aspectos máis polémicos, senón que os apuntalaron.
1. Axentes privados na educación pública
A LOMCE xa incluía na súa definición a presenza de axentes privados na regulación da educación en España. As emendas inclúen ademais dúas novidades importantes respecto destes axentes privados. A primeira é que o grupo parlamentario propón que as probas de reválida que se realizan desde o Estado para poder pasar curso poderán ser corrixidas agora tamén por profesores de centros privados. Os sindicatos, mesmo ANPE, que é o único que comparte algúns puntos co actual goberno, cren que isto atenta contra as garantías no proceso.
O presidente de ANPE, Nicolás Fernández, explícao: "A función pública garante a obxectividade e independencia e por iso as probas externas de acceso ao sistema deben ser corrixidas por funcionarios docentes que superaron uns sistemas de acceso rigorosos. Se non, abrimos a porta á falta de obxectividade e a que empresas privadas ou centros presionen. É un perigo que entren axentes externos que poidan pervertir o proceso".
As probas de reválida poderán ser corrixidas agora tamén por profesores de centros privados
2. Profesores sen oposición
A outra vía de entrada de profesores que non sexan funcionarios e que indignou a comunidade educativa é a que permite a contratación de profesores nativos para linguas estranxeiras á marxe dos mecanismos dos accesos á función pública docente. Este é un dos aspectos que CCOO remitiu á Comisión Europea, xa que considera que "vulnera os principios de mérito e capacidade da función pública que regulan os procesos de acceso á función pública. É un agravio inadmisible para os funcionarios que teñen que acreditar a súa capacitación pedagóxica e estes docentes só terían que acreditar a súa capacitación lingüística", segundo explica a responsable de Política Educativa de CCOO, Montse Millán .
3. Solo regalado a empresas privadas
A nova lei de administracións locais contempla que os concellos deben ceder o solo para usos dotacionais. Agora, a emenda 754 ao artigo 116 da LOMCE engade que "as administracións educativas poderán convocar concursos públicos para a construción e xestión de centros concertados sobre solo público dotacional". Isto, que xa ocorría nalgunhas comunidades autónomas como Madrid, queda así institucionalizado e consolidado.
Isto tampouco gusta á comunidade educativa. "A educación é un servizo público esencial, que nunha lei digan que as administracións van liberar solo para regalárllelo a empresas privadas para que fagan o seu negocio non nos parece adecuado. Se se necesita un centro, que se faga público. Se non, o ensino público quedará só como a educación para os guetos nas zonas marxinais, onde as empresas privadas non ven o negocio", censura o presidente de ANPE.
4. Tratar as linguas cooficiais ao nivel que aos idomas estranxeiros
O novo formulado, non rebaixa en nada oos polémicos postulados lingüísticos nos que se obrigaba á administración a garantir o ensino en español, mesmo en centros privados se fose necesario. Pola contra, a proposta de UPyD aceptouse a emenda 769 á disposición adicional 38. Esta contempla que o castelán figure como lingua vehicular do ensino en toda España. "Isto é incompatible cos modelos lingüísticos de inmersión, como o catalán. É outra volta máis no aspecto homoxeneizador da norma e nas trabas para que poidan subsistir os modelos lingüísticos de linguas cooficiais", explica Millán.
Acéptase a emenda de UPyD para que o castelán figure como lingua vehicular en todo o ensino no EstadoA outra parte da emenda propón cambiar un dos parágrafos da norma que di que poden existir sistemas onde se impartan as materias non lingüísticas en lingua cooficial, para introducir que estes modelos poidan estar tamén dispoñibles como "modelos de inmersión en calquera lingua estranxeira". Isto suporía que a lei consideraría ao mesmo nivel a lingua cooficial que unha lingua estranxeira. "Dá a sensación de que non se busca o ben común senón desprezar a lingua cooficial Como se pode montar un centro de inmersión en italiano, ruso ou chinés garantindo ademais o ensino en castelán?", engade a portavoz de CCOO.
5. Blindaxe á escolarización por sexos
Non se modificou no substancial nin se aceptou ningunha emenda respecto disto, aínda que este asunto tamén está a ser revisado pola Comisión Europea, xa que un tratado da Unión establece que non poden ser financiados con fondos públicos os centros escolares que exerzan a discriminación sexual.
O director do centro será avaliado segundo os resultados académicos dos seus alumnos
6. Notas aos directores polos resultados dos seus alumnos
Mantéñense os postulados do director como un responsable de RRHH, dun consello escolar desposuído das súas funcións decisorias, e acéptase a emenda de UPyD do artigo 136 da Lomce que permitiría renovar no seu cargo a un director tras unha avaliación previa que teña en conta as avaliacións dos seus alumnos nas probas externas.
"É un despropósito avaliar a un director polos resultados académicos dos seus alumnos. Hai centros nos que a excelencia para un director é que logre que un rapaz dunha familia desestructurada vaia a clase, e iso non se pode medir cun resultado académico. Cada día recupéranse a rapaces de situacións familiares desastrosas para incorporalos a un oficio nun Programa de Cualificación Profesional e iso non se ve nos resultados académicos? .
7. Educación en Valores, unha materia obrigatoria non obrigada
Aínda que varias emendas facían referencia a que a UE obriga a que os alumnos cursen os contidos da materia de Valores Sociais e Éticos (antiga Educación para a Cidadanía) a única emenda introducida respecto diso non o garante, senón que só contempla que os centros poidan ofertala. Tamén este aspecto foi denunciado por CCOO ante Europa.
A UE obriga a que os alumnes cursen a antiga Educación para a Cidadanía, pero a Lomce non o garante
8. Control dos contidos
Se a LOMCE insistía en garantir un maior control dos contidos comúns, a emenda 733 ao artigo 6 bis propón que se garanta que os títulos teñan validez no territorio estatal "co fin de asegurar unha formación común", cando o artigo xa o garantía. "Esta emenda é eminentemente ideolóxica, para darlle máis importancia aos contidos comúns, homoxéneos. Insiste na centralización, que trata de borrar a diferenza territorial e a pluralidade", conclúe Millán.
9. A educación, un servizo público?
Durante o proceso de negociación pelexouse por cambiar dúas denominacións do prefacio. A primeira era que o cidadán pasaba a ser "beneficiario" en lugar de "suxeito de dereito á educación". A segunda cuestión era que o que na anterior lei era "o servizo público da educación" nesta figurase como a "prestación de servizos educativos". Parece un matiz lingüístico, pero é fundamental, porque desde esa definición articularanse as decisións posteriores. "Non se trata de prestar un servizo de limpeza ou algo similar; é unha responsabilidade dos poderes públicos", explica Millán. Tras unha longa negociación, os "suxeitos de dereito" recibirían "o servizo público da educación".
Pero só durou ata que se aceptaron as diversas emendas do PP. Unha delas elimina a palabra "público" do texto e devolveron o parágrafo ao borrador orixinal. "É unha falta de respecto democrático que se comprometan con axentes sociais e organizacións a modificalo e cheguen ao Congreso e co atallo dunha emenda dean ao traste con algo que é fundamental para articular unha lei", protesta Millán.
10. O profesor como autoridade pública
Outra das emendas aceptadas a proposta de UPyD contempla que se inclúa ao profesor como autoridade pública. Na práctica esta medida xa estaba implantada nalgunhas comunidades autónomas do PP como Madrid ou Cantabria, onde foi moi cuestionada. Critícase por xudicializar problemas de convivencia nas aulas resolvéndoos por decreto e sen atallar causas do problema. O presidente do sindicato ANPE, que leva pelexando 15 anos por esta consideración, laméntase de que este recoñecemento non chegase tras un diálogo cos actores implicados senón en forma de atallo como unha emenda. "Se se tramitou adecuadamente, xurdiría un debate social no que se poderían expor puntualizacións a como ese recoñecemento debía contemplarse, pero non se nos tivo en conta en ningún momento", asegura Fernández.
Ningún comentario:
Publicar un comentario