A central nacionalista lembra que este curso empeza con 15 centros menos e 64 unidades de Educación Infantil e Primaria suprimidas no ensino público, con profesorado insuficiente ou coa eliminación da gratuidade do comedor escolar, entre outros “recortes”.
A CIG-Ensino advirte que o curso escolar que
vén de arrancar ai estar marcado pola continuidade da aposta do PP por
“laminar o ensino público” en base a recortes “sistemáticos,
inxustificados, inaceptables e innecesarios”. O secretario nacional da
CIG-Ensino, Anxo Louzao, e Ana Rodiño, membro da Executiva, lembraron
que o curso empeza con 15 centros menos e 64 unidades de Educación
Infantil e Primaria suprimidas no ensino público, “mentres se concertan
40 unidades novas e 18 ciclos formativos”.
E isto prodúcese nun escenario no que hai un encarecemento do gasto escolar, “que moitas familias non poderán enfrontar por decisións como a suba das taxas, a redución de bolsas, o endurecemento dos criterios para conseguilas ou a suba do 32% das matrículas dos conservatorios, cercenándose así o dereito á educación”.
Comedor
A CIG ensino incide en que este curso tamén estará marcado pola eliminación da a gratuidade do comedor escolar ao alumnado transportado “e incrementase de xeito desorbitado o prezo dos menús, en preto do 40%. Aproximadamente só terán dereito ao comedor gratuíto uns 14.000 alumn@s dos preto de 200.000 que están escolarizad@s en Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria”.
Anxo Louzao advertiu tamén da redución das axudas para os libros de texto ou das medidas dirixidas a acentuar o desmantelamento da escola no medio rural.
Cruzada contra o galego
Ademais, a Consellaría do PP persiste na súa cruzada contra o galego, dixo Louzao, á vez que desde a Xunta se aposta aínda máis pola “privatización e a confesionalidade do ensino”. Outros dos aspectos que a CIG-Ensino denunciou é que por vez primeira neste curso se introduce unha empresa privada na formación do alumnado no ensino público (para organización e desenvolvemento de cursos de inglés para alumnado de sexto curso de Educación Primaria e da ESO).

Ningún comentario:
Publicar un comentario