O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, preguntaralle a Feijóo
no próximo Pleno pola situación do ensino público en Galicia, logo das
ofensivas perpetradas polo PP para limitar os dereitos dos galegos en
materia de educación. Lembrou que o PP eliminou a gratuidade dos libros
de texto, así como dos comedores escolares e do transporte para
“quitarlle ao ensino o seu papel como elemento igualador de
oportunidades da sociedade”.
Neste Pleno tamén haberá unha proposición non de Lei sobre a redución
drástica das bolsas universitarias, e lembrou que a “política cicatera e
miserable” de recortes de Feijóo provocou que en dous anos consecutivos
as universidades de Santiago e Vigo desapareceran do ránking mundial
das 500 universidades mais importantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario