A Junta de Castela e León está a suprimir aulas de galego no Bierzo, incumprindo o convenio asinado coa Xunta de Galiza para a promoción da lingua na comarca. Tanto a Academia Galega como o Consello Escolar do IES de Cacabelos -un dos afectados- diríxense ao goberno galego para que faga cumprir o acordo subscrito polas dúas institucións.
Quer a
Academia quer o Consello Escolar do Instituto de Cacabelos -no que se
suprimen aulas de galego co alumnado xa matriculado- dirixen as súas
protestas á Xunta de Galiza para que faga cumprir o convenio entre as
dúas administracións, de modo a manter as aulas da nosa lingua na
comarca. A Academia Galega, a
través do seu correspondente na comarca, solicítalle á Secretaría Xeral
de Política Lingüística que exerza o “control lóxico” sobre o
cumprimento do Programa de Promoción do Galego asinado por ambas
institucións.
Os recortes no ensino público en Castela e León están a atinxir o Programa de Promoción do galego nos centros da comarca do Bierzo e xa son varios centros os que ficaron sen docencia da nosa lingua no curso académico que vén de comezar. A Real Academia Galega dirixiuse á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta manifestando a súa preocupación pola situación. Aliás, tamén se puxo en conta coa Administración de Castela e León, á que lle reclama que “non haxa ningún alumno/a e ningunha familia berciana que, desexando voluntariamente recibir clase de galego, a través do programa existente, sexa obrigada a escoller outras optativas”. A situación de recorte de profesorado agrávase co cambio do corpo docente de Primaria que até agora estaba encargado de impartir as aulas de galego
A través dunha carta do académico correspondente no Bierzo, Héctor M. Silveiro Fernández sinálase o éxito dos doce anos de existencia do Programa apoiado por máis de mil familias bercianas, malia ser unha proposta “de mínimos ou de baixo perfil”.
“Solicitamos que no presente curso non se aborde ningún cambio que altere as condicións nas que se viña desenvolvendo o mesmo e que, de querer introducir calquera tipo de modificación, por leve que esta sexa nos próximos cursos, debería ser previamente debatida e sopesada pola entidades habitualmente consultadas”, defende, citando de maneira especial á Xunta de Galiza e a Junta de Castela e León, asinantes do protocolo e tamén á propia comunidade educativa.
O programa naceu por acordo unánime aprobado no Parlamento español que logo se concretou no Estatuto de Castela e León, visando protexer e promover o galego nas comarcas do Bierzo ou as Portelas de Zamora. “Tamén a Xunta de Galicia ten e debe exercer un control lóxico, pois o seu Estatuto así o determina”, apunta Héctor M. Silveiro alertando tamén de que o Bierz
o é o territorio onde se está a producir un maior descenso no número de falantes.
“Manifestamos a nosa máis enérxica negativa sobre todo a que se supriman certas horas de galego nas aulas dos nosos centros porque os bercianos teñen dado mostras do seu interese por introducilo no sistema educativo da Comarca, conscientes de que é unha lingua histórica e de cultura que lle outorga personalidade ao Bierzo”, engade, destacando o valor cultural e tamén as oportunidades que outorga o coñecemento do galego, xa que o alumnado remata o Bacharelato co título do CELGA III.
O Consello Escolar de Cacabelos diríxese á Xunta
Despois de que a Junta de Castela e León teña eliminado o galego como optativa no IES de Cacabelos co alumnado xa matriculado, o Consello Escolar do centro vén de rexeitar a solución da consellería de Educación que, antes as protestas, propuña agrupar alumnado de distintos niveis para a docencia de galego. O consello escolar do centro vai denunciar diante da Xunta o incumprimento por parte do goberno de Castela e León do convenio de colaboración que asinaron en 2001 as dúas administracións e que comprometen a promoción do galego no territorio bercián.
A Asociación de Nais e Pais non descarta organizar mobilizacións na defensa das aulas de galego, entre outras razóns, polos prexuízos ocasionados ao alumnado que até o momento cursaba a materia co fin de obter o CELGA III no seu remate. A Junta anunciou a supresión do galego en Cacabelos tan só un día antes do inicio do curso a través dunha carta remitida á dirección do IES por parte da Consellería de Educación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario